PROPOSTAS SIMOU, A SEAÑA,RILO,ALTO DA MANGONA,RIOS DA REGA E SAN ANTONIO



Simou, A Seaña, Rilo, Alto da mangona, rios da Rega e San António

Todo o que se poda facer dentro desta cióna en consonáncia coa política de conservación do médio fixada neste programa, deverá ter efeitos mínimos sobre o ecosistema e conservando e potencializando a riqueza do mesmo. É necesário umha dotación de servizos e atención e dinamización social tendo en conta a avanzada idade da maioria das pesoas que povoan estas ciónas.

Asi pois, entenderá-se esta cióna como un lugar de emprego e lecer no seu conxunto mantendo a paisaxe natural do lugar potencializando-o coa abertura dun roteiro ao carón do rio seco até o Baño.

Poderíamse montar hortas, de caráter agrícola en térreos de baldio cuxa xestión fose polo concello, facilitando o concello, aos proprietários/as, a posível exclusión dos térreos cedidos do pagamento de impostos. Dentro deste programa poderíanse montar casas pré-fabricadas, acordes coas necesidades, previstas de auga, saneamento e ferramentas de labranza para facilitar o traballo nas hortas. Tomaria-se en consideración un transporte publico.

- Arranxo da rede viária desas ciónas.

- Sinalización axeitada.

- Creación de lugares de paseo.

- Facer estudo da viabilidade da organización dun roteiro arredor das ciónas mencionadas con sinalización.

- Regulación do tránsito rodado por estes camiños estreitos e transitados por persoas maiores.

- Mantimento de parques, rios e fontes dos lugares, limpeza do lixo, reparación de desperfeitos e outros por parte dumha brigada municipal criada para este efeito.

- Execución imediata das Beira-ruas de Rilo.