PROPOSTAS PARA O CRISTO, OBAÑO, PAZO DAS CONDESAS, A REDONDA, A PALMA E MONTEFARO


Propostas para O Cristo, Obaño, Pazo das Condesas, A Redonda, A Palma e Montefaro

·    Restauración do peirao da Enseada de Obaño e restabelecemento do calado.

·    Creación nas antigas instalacións de “Marracoi” dun Centro de Interpretación Mariña.

·    Construción dun paseo peonil do centro da vila pola Bestarruza e Obaño até o castelo da Palma e máis aló, dándolle valor patrimonial ao futuro Centro de Interpretación Marítimo da Redonda e ao Faro.

·    Construción de paseos amplos na estrada do cemiterio.

·    Conservación e limpeza dos camiños, fontes, lavadoiros e xardins públicos.

·    Uso público ao Pazo das Condesas: complexo hostaleiro, albergue, centro educativo e cultural - Dotación da rede de alcantarillado público ás nove vivendas do peirao da Redonda e a todas as outras carentes del.

·    Activar un plano de explotación marisqueira no Esteiro e na Redonda.

·    Instalación de contentores soterrados.

·    Castelo da Palma: monumento histórico vendido a unha cadea hoteleira (“roubando” dese xeito á cidadanía parte dos seus bens) e sen licenza para estabelecer un local dese tipo. No inevitable, e diante do deterioro das instalacións, o Concello ten que reclamar con firmeza a axilización da
apertura do hotel ou a retroacción ao patrimonio público para sacarlle rendibilidade colectiva.

·    Uso mancomunado co concello de Ares do convento de Montefaro e das baterías de fora da ría, colaborando na súa recuperación para fins sociais Restauradas servirían como aulas e centros de interpretación da natureza, albergues, lugar de congresos, ..., independentemente do termo municipal no que estean instaladas.