PROPOSTAS FRANZA


Propostas para Franza de Mugardos na esquerda

·    Os camiños están para andalos. Rehabilitación dos camiños de terra coa limpeza dos mesmos
 por parte da brigada municipal que se debe dedicar a este tarefa como mínimo cada 3 meses.

·    Limpeza do curso dos ríos por parte da brigada municipal que se dedique a esta tarefa
mínimo cada 3 meses.

·    Construción de beiras amplas na rua para poder camiñar tranquilamente de Franza até a Pedreira, pois parece que Rilo e Mehá non  son deste Concello.

·    Non procede que os locais veciñais Casino Progreso de Franza, a sociedade de S. Xoán e a SAPG do Seixo, fagan as funcións de biblioteca municipal. En todo caso sería cousa de coordinar en rede as actividades desas sociedades dende o Concello (non controlar, só coordinar e ofertar actos) e esas bibliotecas dende a municipal central.

·    Prolongar a vía rápida canto menos até Mehá, agora dende Franza está ao servizo exclusivo
de Forestal/Reganosa, e por riba cuns gardas de seguridade privada controlando umha estrada pública.

·    Beiramar está abandonado, cando hai un convenio entre a SAPG e o concello para o seu mantemento. Cumprimento do acordado e conservación do espazo.