GOVERNANZA MUNICIPAL.Propostas básicas de "Mugardos na Esquerda"

GOVERNANZA MUNICIPAL.Propostas básicas de  "Mugardos na Esquerda"

O principal problema de Mugardos é o desemprego e a fixación de poboación nova. Consideramos que desde o Concello podemos abrir oportunidades para a creación de emprego, para podermos vivir e desenvolver a nosa vida na nosa terra, o que faltan son ideas e vontade. Para iso propomos crear nós mesmos o noso futuro sen ter que depender de grandes infraestruturas ou de se unha empresa foránea decide ou non construír un barco nos estaleiros da ría. Transformaremos o Concello nun factor de creación de riqueza, xerador de postos de traballo e do asociacionismo produtivo.Temos que pór en valor a riqueza do territorio, sacarlle a rendibilidade que nos permita ter unha boa calidade de vida, sempre respectando o medio do que formamos parte.

-Queremos un Concello transparente no seu funcionamento, que xestione os bens e recursos municipais en beneficio da maioría.

-Queremos modificar as retribucións de alcalde e edís, eliminando os salarios por dedicación agás se renuncian a outro externo ao concello; ese salario interno nunca sería superior ao que percibirían fóra. Ser edil non é cargo obrigatorio, polo que polo seu traballo municipal só deben ser pagados os gastos que teñan nas súas funcións ou a exclusividade verdadeira, reducindo ou eliminando as retribucións por asistencias a plenos, comisións, etc.

-Queremos revisar e igualar as retribucións e as relación laborais do persoal municipal, pois hai funcionariado,con contratos indefinidos,contratos temporais, contratos de obra, …

-Queremos abrir dúas horas unha mañá á semana unha oficina municipal nos locais das sociedades veciñais de Franza, O Seixo e San Xoán, evitando dese xeito moitos desprazamentos á Casa do Concello.

-Queremos renegociar coas entidades financeiras as débedas que poida ter o concello, esixir prazos máis dilatados, menores cotas, …

-Recurriremos a proveedores locais para todo tipo de produtos e servizos, primando en igualdade de condicións a ubicación empresarial ou comercial no termino municipal. Renegociaremos á baixa calquera contrato de mantemento e vixiaremos o seu cumprimento.

-Queremos fixar e atraer poboación. No territorio do concello, especialmente na vila de Mugardos, hai hoxe un excesiva oferta de vivendas “en vertical” (pisos) froito dun urbanismo absurdo, especulativo, desordenado e pouco imaxinativo. Pola contra, tanto na vila como por todo o territorio municipal hai centos de casas unifamiliares pechadas, moitas delas en estado de abandono. Faremos a relación de casas pechadas e abandonadas para comunicar cos propietarios, “instalos” a amañar e senón proceder á expropiación, nos dous casos para convertilas en vivendas en réxime de aluguer, aluguer con dereito a compra ou venda directa, preferiblemente para xente nova.

-Queremos racionalizar as normas e planeamento urbanísticos, hoxe comestos por sospeitas de corruptelas e arbitrariedade. Vixiaremos estritamente o cumprimento de prazos nas obras públicas.

- Os servizos básicos (auga, recollida de lixo, obras menores, ensino, saúde, cultura, …) deben manter ou recuperar o seu carácter municipal; novos servizos como a piscina, deben ter unha xestión que beneficie á veciñanza. Só o público é servizo, non queremos que outros se aproveiten dos nosos recursos para o beneficio persoal ou capitalista.

-Potenciaremos o autoemprego. Mugardos viviu toda a vida do sector primario, da terra e do do mar, xunto con pequenas industrias e os salarios do sector naval. Din os políticos burócratas que o concello non ten capacidade para xerar emprego, e por iso os gobernos municipais só tentaron atraer empresas privadas, sen ter en conta as consecuencias negativas que esas industrias “de enclave” poderían causar ao medio e a saúde das persoas como acontece co Reganosa. Nós, pola contra, si cremos na posibilidade de crear emprego digno por parte da Concello, ben directamente ou pulando e organizando os recursos.

-Queremos recuperar as terras ociosas hoxe a campo e as facer rendíbeis, creando postos de traballo dignos. Impulsaremos unha empresa pública ou cooperativa de explotación agro-gandeira-forestal, dunha horta escola e dunha granxa escola municipais.

-Queremos recuperar e conservar os bancos marisqueiros, impulsar unha empresa pública ou cooperativa de explotación marisqueira.

-Queremos crear unha comisión potenciadora de micro-empresas municipais, dunha empresa pública ou cooperativa de coñecemento do medio e do patrimonio.

-Queremos crear escolas cooperativas municipais de obras e de reciclaxe.

-Queremos preservar o tecido comercial mugardés frente à abertura de grandes superfícies comerciais con técnicas de mercado agresivas cos direitos d@s consumidor@s e d@s traballador@s. Crearemos unha rede de comercio xusto/troco de produtos agrícolas, gandeiros e marisqueiros.

-Daremos prioridade ás cooperativas, asociacións de discapacitados e outras formas de economía social con axudas, cesión de locais, contratación de servizos, publicidade gratuíta nos medios de comunicación do Concello e presenza preferente en feiras, xornadas, etc.

-Ofertaremos ás sociedades de Mugardos/ Franza/O Seixo/San Xoán unha programación coordinada de actos e artellar as súas bibliotecas nunha rede dende a Municipal/central.

-Esiximos a prolongación da Vía Rápida canto menos até Meá, pois agora dende Franza está ao servizo exclusivo de Forestal/Reganosa.

-Queremos marcar rutas e pór carteis explicativos e diferenciados en lugares senlleiros, cruceiros, lavadoiros, fontes, ríos, igrexas, peiraos, rutas, edificios singulares etc., Rehabilitando os camiños de terra e con limpeza periódica dos mesmos por parte da brigada municipal.

-Colaboraremos co Concello de Ares na recuperación para fins turísticos e sociais do conxunto de Montefaro (A Redonda, A Palma, camiños, faro, mosteiro, polvoríns, baterías de Montefaro e da boca da ría para usos sociais e turísticos mancomunados (aulas da natureza, centros de interpretación, albergues) para uso e lecer do pobo independentemente do termo municipal no que estean instaladas.

-Esixiremos o peche imediato de REGANOSA pola súa perigosidade, e o verdadeiro control medioambiental de “Forestal del Atlántico”.