quarta-feira, 8 de junho de 2011

Acta da reunión de Mugardos na esquerda do domingo dia 5 de xuño de 2011

Publicamos as últimas decisións da Asemblea aberta de Mugardos na esquerda e o traballo a curto prazo para este mes de xuño. Así mesmo, no vozeiro a públicar nas próximas datas informaremos das actividades que desenvolveremos a curto prazo.

Acta da reunión de Mugardos na esquerda domingo dia 5 de xunho de 2011:

· Vozeiro informativo. Acordase realizarmos un vozeiro . O primeiro sairá o dia 12 deste mes e recolherá a seguinte información:
- Valoración do resultado electoral.
- Valoración da investidura.
- Novas actividades.



· Charlas previstas.
- O 22 de Xuño charla sobre “A problemática do trasporte no concello de Mugardos: mobilidade e sustentabilidade” (propostas para cubrir as necesidades da vecinhanza e a súa sustentabilidade, a crise enerxética e alternativas ao modelo de mobilidade actual). Falará Martiño, umha das persoas que fixo o plan de mobilidade da comarca do Morrazo mais Xan Duro, portavoz de Verdegaia.
- O 20 de xullo charla sobre “O dereito de autodeterminación” (a charla é eminentemente pedagóxica onde se explicarán as preguntas frecuentes sobre o dereito de autodeterminación). Falará un membro da portavocia de Causa Galiza e umha persoa de Mugardos na esquerda.

· Economía. Abrimos umha conta para facermos os ingresos dumha cota mensual para as persoas que formamos parte de Mugardos na esquerda. O número de conta de Novacaixa galicia é o seguinte: 2091 0205 39 3000080436 e o titular é “Alternativa galega de esquerda Mugardos”.

As cotas son ao mes: 2€, 5€, 10€, 20€ ou á vontade. En función da situación económica e vontade de cada quen que lhe dea orde ao seu banco para realizar o ingreso trimestralmente (para pagar menos comisións) da cota elexida. (Por exemplo, se quero ingresarlhe a Mugardos na esquerda 5€ ao mes, doulle orde ao meu banco para que ingrese 15€ cada 3 meses).

· Novos contactos. Acordase que se envíen contactos á lista de persoas simpatizantes para enviarlhes as nosas actividades e publicacións. Faise um chamamento para que se envien contactos de simpatizantes (telefones e correios eletrónicos).

· Web e facebook. Acordase renovalas mais amiúdo. Neste sentido acordase escribirmos artigos de opinión das persoas de Mugardos na esquerda e próximas á iniciativa.

· Varios. Acordase abrir contactos coa xente de Fene para axudar a impulsar “Fene na esquerda”. Contactaremos coas persoas de Fene que nos comentaron que queiran comezar para nos reunir con eles.